21/12/11

Bo Nadal!


Dende a clase de 3 anos queremos desexarvos a todos e todas un Bo Nadal e feliz aninovo!!!. E que Papá Noel e os Reis Magos veñan cargados de regalos e bos desexos. Vémonos en xaneiro.

Parabens para Xabier, Tristán e Raul García!!!


17/12/11

Buscando Papá Noel.



Esta é unha das panxoliñas que aprendemos este Nadal, quen se anima a cantala connosco?...

Chega o Nadal.





Estes días de decembro estamos moi atarefados preparando os nosos traballos de Nadal, e aquí podedes ver algúns. Xa falta pouco para que os levemos para a casa e poidades ver que bonitos nos quedaron.

30/11/11

Adeus Marilina.


Hoxe foi o último día de Marilina con nos na escola e para despedirse trouxonos uns agasallos, para os que non estabades tamén...
Marilina, esperamos que leves un bo recordo de nos e que aprenderas moitas cousas, e desexamos que veñas visitarnos pronto, agardámoste!!!

24/11/11

Concerto Tic Tac.





Hoxe volvemos ir outra vez de excursión, e esta vez en autobús!!!. Fomos a un concerto de música do grupo Tic Tac, pasámolo moi ben, cantamos, bailamos... e algúns con tanta música relaxámonos tanto que nos quedamos durmirdos... Xa estamos preparados para a próxima!

Porque os osos panda son branco e negro.

19/11/11

Os monicreques.



Este venres tivemos a nosa por primeira excursión, fomos a ver a compañia de Títeres Seisdedos ó Recinto Feiral de Arzúa, alí vimos ó trapecista Bartolo, o cura e a criada, o galo quirico... que nos contaron e cantaron unha morea de contos e cancións.

17/11/11

Panly







O pasado luns, cando chegamos a clase, tiñamos unha visita inesperada, Panly, un oso panda, que nos traía unha carta na que nos explicaba que ven dun sitio chamado China. Non todos sabiamos que era un oso panda e menos aínda onde estaba a China, por iso decidimos que iamos aprender cousas dos osos pandas e do seu lugar de orixe, e para comezar estivemos vendo que cousas sabiamos do tema, que queremos saber e que imos facer para conseguir esa información, todos estes datos recollemolos nun mural que temos exposto na aula. Agora so nos queda, comezar a traballar...

7/11/11

O outono.

Dende hai uns días o corredor de Educación Infantil loce máis outonal e engalanado que nunca, e todo iso grazas a axuda dos pais e nais dos nenos e nenas de infantil, que lle axudaron ós seus fillos e fillas a decorar froitos do outono. Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración.

24/10/11

Chega o Samaín!





Chega o outono e con el as castañas, as caveiras de melón, os calacús; chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán, vaise a calor e vén o frío: son os tempos de Samaín. E como esta é unha festa ben peculiar, ó longo desta semana, imola a celebrar como se merece, xa comezamos hoxe facendo unhas marionetas de cabazas, morcegos e pantasmas, que nos sirven para ir decorando a calse.

22/10/11

COCORICO.

Cocorico.



Cocorico é un pitiño que coñecemos hai uns días no cole, é un pouco lambón e coñece a Gato Pelado, un gato tan malo coma os lobos dos contos. Como nos gustou tanto este conto estivemos traballando un pouquiño con el.

18/10/11

O meu cole.



Dende hai uns días estamos facendo un libriño sobre o noso cole, para que cando o levemos a casa explicarvos como é, que facemos nel...
Aquí podedes vernos, moi atarefados, traballando nel.

26/9/11

BENVIDA Ó CURSO.

Comeza un novo curso e con el novas aventuras e experiencias  que vivir, algunhas das cales as poderemos ver a través deste blog de aula.
Comeza a rodar unha nova etapa das nosas vidas, iremos vendo día a día o que nos depara...