30/1/13

Día da Paz.



Hoxe, como cada 30 de xaneiro, celebramos o Día escolar para a paz e a non violencia, estas son algunhas das imaxes que nos deixou dita celebración.

22/1/13

Os Bonecos de Neve.

Hoxe puidemos ver a neve en Arzúa, pero foi moi pouquiña, non chegou nin a callar, por iso non foi posible unha batalla de bolas, nin moito menos facer un boneco de neve, pero ante a falta desta decidimos facer o boneco, pero de papel, quedáronnos así de bonitos!!!

14/1/13

Quen é?


O venres pasado, ó entrar do recreo, atopamos no buzón da bruxa Maruxa unha imaxe coma esta, pero non sabiamos quen era, uns pensaban que se trataba de Brancaneves, outros que era a Cincenta... Entón decidimos mirar no ordenador se era algúnha delas e comprobamos que non, como non a coñeciamos pensamos que o mellor era levar unha copia da imaxe para a casa e pedirlle axuda ás nosas familias. Pero antes de irnos xa había por ahí algunha cabeciña que andaba ben encamiñada, e empezaban a dicir que era "Alicia", "Alicia das marabillas", que na súa casa tiñan unha película na que saía... Hoxe xa todos sabiamos quen era "Alicia no pais das marabillas", Rocío trouxonos a súa película e empezamos a vela...

9/1/13

Os regalos de reis.


Os Reis Magos e Papá Noel deixaron moitos regalos polas nosas casas, pero ó chegar ó cole esperabanos unha gran sorpresa, xa que por aquí tamén pasaron e deixáronnos triciclos e motos novas...