17/12/12

Imos levar unha pouca roupiña.

Estamos no Nadal e é tempo de panxoliñas, nos aprendemos unha que leva por título "Imos levar unha pouca roupiña", se queredes escoitarnos cantala so tedes que premer no botón...

O apalpador.

Hai uns días atopamos ó lado da árbore de nadal do noso cole un boneco coma este, e non sabiamos quen era, pero despois de facer algunha averiguación e de escoitar un conto que nos trouxo a profe Rocío soupemos que é o Apalpador.
Premendo na seguinte ligazón tedes un xogo lim elaborado pola profe Roció sobre esta figura mítica do nadal galego.
javascript:void(0); http://www.edu.xunta.es/centros/ceipdearzua/node/313

10/12/12

As Bruxas.


Dende que a Bruxa Maruxa estivo no noso cole e esqueceu a súa vasoira, estamos aprendendo cousas das bruxas. Cada día Maruxa deixanos traballiños no seu buzón, para que aprendamos cousas dela e as súas amigas as meigas, e para poder facer isto tivemos que traer contos das nosas casas, disfraces, película... Fixemos pócemas, variñas máxicas, montamos en vasoira voadora, aprendemos cancións...

26/11/12

Polo San Martiño...



Polo San Martiño, trompos ó camiño!
Estamos rematando novembro, e como sabemos este é o mes dos trompos, por iso hoxe estivo na nosa aula David, o irmán de Marta, para ensinarnos a súa buxaina. Despois de algún que outro intento, xa se sabe, as veces o público impón un pouco, puidemos ver que ben baila o seu trompo. Para nos isto é un pouco complicado, pero xa estamos practicando con unhos que nos trouxo a profe Rocío, feitos con tapas e lápices vellos, encántannos e bailan moi ben!!!.

22/11/12

NI FU, NI FA!


O día 20 de novembro celebrase o Día Universal do Neno, e no concello de Arzúa organizanse actividades dirixidas ós protagonistas deste día, os nenos e nenas. Nesta ocasión vimos unha representación teatral da compañía Ni Fu, Ni Fa, na que uns trasnos un pouco trastes, Fu e Fa, nos cantaron e contaron contos.

16/11/12

Pitiño Pispín.


Hoxe cando chegamos a escola tiñamos unha sorpresa, a profe Rocío e algúns nenos e nenas tiñannos unha sorpresa preparada, fixeran un video co poema de Gloria Sánchez, Pitiño Pispín. Gustounos moito e estivemos escoitando moi ben para tentar recoñecer as voces dos nenos e nenas que falan, pero é moi dificil!!!

30/10/12

LIM do Samaín.


Para seguir xogando e aprendendo co Samaín deixovos este xogo lim elaborado polas mestras Ana Martinéz e Belén Junquera.

Samaín.

Hoxe celebramos no cole o Samaín, xa que mañá, que é o día propio, teremos o Magosto, para elo levamos uns cantos días moi atarefados coa decoración da escola.
Hoxe non podía faltar a súa cita anual a nosa amiga a Bruxa Maruxa, viña coma todos os anos co bolso cargadiño de contos, pero traia un pouco de prisa, xa que se lle ía a escoba das 5 e tivo que irse rápidamente, iso sí, quedou en vir o próximo curso sen falta.

10/10/12

Pitiño Pispín.


Unha mañá Pitiño Pispín saiu pasear.
Díxolle a nube:
- Pin-pirín-pin, Pitiño Pispín, coas miñas pingas heite mollar.
Díxolle o pito:
- Teño paraugas para as túas pingas, pan-parán-pan.

Hai xa uns días que comezou o outono e con el viñeron as primeiras chuvias, por iso aproveitamos estes días para aprender este poemiña de Gloria Sánchez.

4/10/12

Concerto didáctico.



Hai xa uns días estiveron pola escola os mestres do conservatorio de música de Arzúa, para darnos un concerto e poder escoitar e ver en directo un clarinete, un baixo, un piano, unha batería... e outro instrumento que temos todos, anque a de uns soe mellor que a de outros, a nosa voz.

1/7/12

19/6/12

Xogos do mundo.


Hoxe tivemos no cole unha actividade na que nos ensinaron uns xoguetes moi divertidos, era algo tan sinxelo como unhas tabliñas de madeira coas que puidemos facer torres, murallas, camiños... Había outros máis complicados para nos, tamén de madeira, cos que xogaron os nosos compñeiros/as máis maiores.

Música tradicional.


Esta semana están polo cole uns profes de pandeireta, gaita e baile tradicinal, que nos deron unhas clases moi divertidas nas que vimos os diferentes instrumentos, cantamos, bailamos e tocamos a pandeireta...

7/6/12

Contacontos de Kalandraka.


Este mércores viñeron o noso cole a contarnos, cantarnos e tocarnos contos e cancións, Alex e Patricia, uns contacontos da Editorial Kalandraka, que ademáis de todo isto nos explicaron que é unha editorial, unha fábrica de contos. Soubemos que estaban na escola porque comezou a soar música, e dixeronnos que algún día volverán e que saberemos que están porque volverá soar esa música.

Facemos o Camiño de Santiago.



Este luns fixemos un anaquiño do Camiño de Santiago, fomos dende Arzúa á aldea de Preguntoño, uns 3km, e pásamolo moi ben, somos uns camiñantes moi bos!, non nos cansamos nada e en ocasións ata tivemos que esperar polos maiores que se quedaban atrás. En Preguntoño fixemos unha romaría na que cantamos, bailamos, xogamos e despois comemos. O próximo curso volvemos!!!

18/5/12

Obradoiro de Xogo Tradicional.


O mércores tivemos no cole un obradoiro de xogo tradicional, grazas o que puidemos coñecer xogos novos para nos como a ra, a petanca, os bolos, a chave, a corda... pero que en realidade son moi antigos, probablemente erán os xogos ós que xogaban os nosos avós/as ou incluso os bisavós/as, que seguen sendo igual de divertidos que o eran antes.

Día das Letras Galegas.


Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Valentín Paz Andrade, por iso estes días estivemos aprendendo cousiñas deste escritor e de outros ós que xa se lle adicou este día con anterioridade, como Rosalía de Castro.