8/3/12

Xogando ós médicos.




Hoxe estivemos xogando ós médicos, e como podedes ver en Arzúa temos unha futura xeración de médicos/as e enfermeiros/as que promete, o problema é que como todos/as sabemos estamos en tempos de crise e a falta de bisturí, fainos un bo apaño unha serra. E que dicir do paciente, pois iso mesmo, que é moi paciente, xa que estiveron un bo anaquiño e nin se movia.