28/2/12

Festa do Queixo.


Este venres temos previsto asistir a un obradoiro que leva por título "Queixo e Mel", trátase dunha actividade encadrada dentro da celebración da Festa do Queixo, que terá lugar en Arzúa esta fin de semana. Esperamos aprender a facer o queixo e cousiñas sobre a elaboración do mel, xa vos contaremos como nos foi.

14/2/12

O martes, mandil e gravata!


Hoxe seguimos preparándonos para a festa, cada día máis guapos!!!

13/2/12

O luns, todos con mandil!



Hoxe, seguindo as instruccións do noso meco, viñemos ó cole con mandil, estabamos guapísimos!, non hai máis que vernos, e mañá, martes, máis e mellor...

12/2/12

Chega Don Entroido!!!

O entroido está próximo, e despois de estar viaxando polas marabillas do mundo, ven con ganas de troula, sabémolo porque mandou aviso por un meco que temos instalado na entrada do cole, díxonos que esta semana temos que ir preparándonos para a festa e para comezar, este luns, temos que traer posto un mandil!!!