Moitas grazas por todo, a todos e todas!
Espero que pasedes unhas boas vacacións, para volver con máis forza que nunca en setembro. É como o prometido é débeda, xa sabedes que vos irei a ver e non me esquecerei de levarvos a Manchita, cambio de piso, pero vou a estar moi, moi, moi preto...
Houbérame gustado que rematásemos xuntos esta etapa, pero as veces as cousas non son como unha quere e non se pode facer nada por cambialo. Anque non esté con vos, seguiredes sendo os meus nenos/as.
E nestes días, máis que nunca, "ESCOLA PÚBLICA: DE TOD@S E PARA TOD@S!!!!"
27/6/13
26/6/13
18/6/13
Aniversarios de verán.
Parabéns para Germán, Rocío, Marta, Raul Veleiro, Martina, Adrián e Martín!!!
Mini e Mero.
Excursión a San Paio de Narla.
O venres pasado puidemos visitar o castelo de San Paio de Narla, no concello de Friol, en Lugo. Alí puidemos ver en vivo algunhas das cousas que estivemos aprendendo estes días dos castelos, e tamén a algunhas das persoas que viven nel, a raiña, a bruxa Maruxa, a fada do conto da bela durminte, o cabaleiro...
7/6/13
1/6/13
Os cespiños.
Xa temos os nosos cespiños nas casas, nestas fotos podedes ver como foron medrando. Agora que xa teñen unhas melenas impresionantes so nos queda xogar a ser perruqueiros e perruqueiras, sen esquecernos, claro está, de seguir regandoos!!!
27/5/13
Pintando o castelo.
Hai xa uns días atopamos unha caixa de cartón enorme e, pensando en que poderiamos facer con ela, xurdiu a idea de construir un castelo e, como podedes ver, en esas andamos. E xa que iamos facer un castelo, decidimos tamén aprender cousas deles, anque o certo é que xa sabemos moito sobre o tema.
17/5/13
6/5/13
Jclic Froitas.
Esta semana como xa sabedes toca froita de merenda, pero desta volta ademáis de comela imos xogar un pouco con ela.
2/5/13
Raposos.
Estes días estamos aprendendo cousas de lobos, pero tamén queremos coñecer ós seus primos os raposos, e para iso este vídeo pode ser moi interesante...
29/4/13
26/4/13
25/4/13
Día do Libro.
O día 23 foi o "Día do Libro" e celebramolo como se merece esta data, lendo. Os maiores, no noso caso os nenos e nenas de terceiro de primaria, leronnos contos e algúns incluso os representaron. Estas son algunhas imaxes deste día.
22/4/13
12/4/13
Esperando á primavera.
Hai xa días que estamos en primavera, pero non acaba de chegar, como sabemos que antes ou despois o fará, nos imos recibila como se merece, a toda cor!!!!
4/4/13
Alicia e os nenos e nenas de 4 anos.
Hai xa moitos días que entre todos e todas inventamos un conto novo de Alicia no país das marabillas, no que aparecen as personaxes deste, pero a historia é unha versión nova, logo a profe Rocío montounos esta película, quedounos chulíiiiiisimo!!!!
3/4/13
Os lobos.
Onte decidimos que neste trimestre imos aprender cousas de lobos, e para comezar estivemos falando do que xa sabemos deles, e estas son algunhas das ideas que nos contaron (non teñen desperdicio):
- Teñen olfato para encontrar comida (Adrián).
- Os cachorros das mamás saen das súas barrigas (Sara).
- Teñen os dentes moi afiados e moi longos (Lorena).
- Petan na porta polas noites para engañarnos (Marta).
- Cando oen ruidos dos cazadores marchan polo monte (Adrián).
- Os lobos dan medo (Raúl Veleiro).
- Andan polo monte (Damián).
- Son moi duros para protexerse dos que os queren cazar (Nikita).
- Os lobos comen porquiños (Martín).
- Ós lobos hai que matalos (Raul García).
- Teñen olfato para encontrar comida (Adrián).
- Os cachorros das mamás saen das súas barrigas (Sara).
- Teñen os dentes moi afiados e moi longos (Lorena).
- Petan na porta polas noites para engañarnos (Marta).
- Cando oen ruidos dos cazadores marchan polo monte (Adrián).
- Os lobos dan medo (Raúl Veleiro).
- Andan polo monte (Damián).
- Son moi duros para protexerse dos que os queren cazar (Nikita).
- Os lobos comen porquiños (Martín).
- Ós lobos hai que matalos (Raul García).
20/3/13
11/3/13
28/2/13
Manchita.
Esta é Manchita, a nosa mascota, regalounola a nosa amiga a Bruxa Maruxa, e estamos encantados/as con ela, é unha hamster ruso e estamos aprendendo a coidala, para o que nos están axudando as familias mandándonos informción, xoguetes, comida... para ela.
9/2/13
30/1/13
Día da Paz.
Hoxe, como cada 30 de xaneiro, celebramos o Día escolar para a paz e a non violencia, estas son algunhas das imaxes que nos deixou dita celebración.
27/1/13
22/1/13
Os Bonecos de Neve.
Hoxe puidemos ver a neve en Arzúa, pero foi moi pouquiña, non chegou nin a callar, por iso non foi posible unha batalla de bolas, nin moito menos facer un boneco de neve, pero ante a falta desta decidimos facer o boneco, pero de papel, quedáronnos así de bonitos!!!
14/1/13
Quen é?
O venres pasado, ó entrar do recreo, atopamos no buzón da bruxa Maruxa unha imaxe coma esta, pero non sabiamos quen era, uns pensaban que se trataba de Brancaneves, outros que era a Cincenta... Entón decidimos mirar no ordenador se era algúnha delas e comprobamos que non, como non a coñeciamos pensamos que o mellor era levar unha copia da imaxe para a casa e pedirlle axuda ás nosas familias. Pero antes de irnos xa había por ahí algunha cabeciña que andaba ben encamiñada, e empezaban a dicir que era "Alicia", "Alicia das marabillas", que na súa casa tiñan unha película na que saía... Hoxe xa todos sabiamos quen era "Alicia no pais das marabillas", Rocío trouxonos a súa película e empezamos a vela...
9/1/13
Os regalos de reis.
Os Reis Magos e Papá Noel deixaron moitos regalos polas nosas casas, pero ó chegar ó cole esperabanos unha gran sorpresa, xa que por aquí tamén pasaron e deixáronnos triciclos e motos novas...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)