24/4/12

Día do libro.


O 23 de abril é o "Día do libro" e para celebralo no cole estamos levando a cabo varias actividades, entre elas está "Falando das Marabillas". Trátase de que cada clase lle explique o que aprendeu da marabilla coa que están traballando a outras clases da escola, e xa comezamos hoxe, de tal xeito que os nenos e nenas de primeiro de primaria viñeron a nosa aula a que lles contásemos o que sabemos de China e a súa muralla, mañá tócanos escoitar a nos, e serán os de primeiro os que nos conten cousas do Taj Mahal.

21/4/12

Facemos a nosa merenda.

Este venres fixemos nos a nosa merenda, cereais con iogurt e froitas, para elo trouxemos os ingredientes da casa, preparámolos e logo comemolos. A algúns gustounos moito, a outros non tanto, pero houbo quen nin sequera o probou... porque non lle gustaba!!!! E como sabemos se nos gusta ou non sen probalo???...