27/6/13

Moitas grazas!.

Moitas grazas por todo, a todos e todas!
Espero que pasedes unhas boas vacacións, para volver con máis forza que nunca en setembro. É como o prometido é débeda, xa sabedes que vos irei a ver e non me esquecerei de levarvos a Manchita, cambio de piso, pero vou a estar moi, moi, moi preto... Houbérame gustado que rematásemos xuntos esta etapa, pero as veces as cousas non son como unha quere e non se pode facer nada por cambialo. Anque non esté con vos, seguiredes sendo os meus nenos/as.
E nestes días, máis que nunca, "ESCOLA PÚBLICA: DE TOD@S E PARA TOD@S!!!!"

18/6/13

Aniversarios de verán.



Parabéns para Germán, Rocío, Marta, Raul Veleiro, Martina, Adrián e Martín!!!

Mini e Mero.

Onte estiveron no cole Mini e Mero, viñeron cantarnos e contarnos contos e cancións, pasámolo moi ben, gustounos moito!!! Moitas grazas por vir, esperamos que volvades pronto a vernos.

Excursión a San Paio de Narla.

O venres pasado puidemos visitar o castelo de San Paio de Narla, no concello de Friol, en Lugo. Alí puidemos ver en vivo algunhas das cousas que estivemos aprendendo estes días dos castelos, e tamén a algunhas das persoas que viven nel, a raiña, a bruxa Maruxa, a fada do conto da bela durminte, o cabaleiro...

Bailando en Preguntoño.


1/6/13

Parabéns para Lara, Jorge e Lorena!

Os cespiños.




Xa temos os nosos cespiños nas casas, nestas fotos podedes ver como foron medrando. Agora que xa teñen unhas melenas impresionantes so nos queda xogar a ser perruqueiros e perruqueiras, sen esquecernos, claro está, de seguir regandoos!!!