19/6/12

Xogos do mundo.


Hoxe tivemos no cole unha actividade na que nos ensinaron uns xoguetes moi divertidos, era algo tan sinxelo como unhas tabliñas de madeira coas que puidemos facer torres, murallas, camiños... Había outros máis complicados para nos, tamén de madeira, cos que xogaron os nosos compñeiros/as máis maiores.

Música tradicional.


Esta semana están polo cole uns profes de pandeireta, gaita e baile tradicinal, que nos deron unhas clases moi divertidas nas que vimos os diferentes instrumentos, cantamos, bailamos e tocamos a pandeireta...

7/6/12

Contacontos de Kalandraka.


Este mércores viñeron o noso cole a contarnos, cantarnos e tocarnos contos e cancións, Alex e Patricia, uns contacontos da Editorial Kalandraka, que ademáis de todo isto nos explicaron que é unha editorial, unha fábrica de contos. Soubemos que estaban na escola porque comezou a soar música, e dixeronnos que algún día volverán e que saberemos que están porque volverá soar esa música.

Facemos o Camiño de Santiago.



Este luns fixemos un anaquiño do Camiño de Santiago, fomos dende Arzúa á aldea de Preguntoño, uns 3km, e pásamolo moi ben, somos uns camiñantes moi bos!, non nos cansamos nada e en ocasións ata tivemos que esperar polos maiores que se quedaban atrás. En Preguntoño fixemos unha romaría na que cantamos, bailamos, xogamos e despois comemos. O próximo curso volvemos!!!