27/3/12

A Peonia.



Hai xa uns días que estamos en primavera e aproveitando esta circunstancia coñecemos unha flor nova para nos, a peonia, unha planta orixinaria da China. Entre todos fixemos unha de papel que será a nosa aportación ó mural da entrada do colexio, e tamén versionamos unha canción da primavera, seguro que estamos encantados de cantarvola...

8/3/12

Xogando ós médicos.




Hoxe estivemos xogando ós médicos, e como podedes ver en Arzúa temos unha futura xeración de médicos/as e enfermeiros/as que promete, o problema é que como todos/as sabemos estamos en tempos de crise e a falta de bisturí, fainos un bo apaño unha serra. E que dicir do paciente, pois iso mesmo, que é moi paciente, xa que estiveron un bo anaquiño e nin se movia.