25/4/13

Día do Libro.


O día 23 foi o "Día do Libro" e celebramolo como se merece esta data, lendo. Os maiores, no noso caso os nenos e nenas de terceiro de primaria, leronnos contos e algúns incluso os representaron. Estas son algunhas imaxes deste día.

12/4/13

Esperando á primavera.


Hai xa días que estamos en primavera, pero non acaba de chegar, como sabemos que antes ou despois o fará, nos imos recibila como se merece, a toda cor!!!!

4/4/13

Alicia e os nenos e nenas de 4 anos.


 Hai xa moitos días que entre todos e todas inventamos un conto novo de Alicia no país das marabillas, no que aparecen as personaxes deste, pero a historia é unha versión nova, logo a profe Rocío montounos esta película, quedounos chulíiiiiisimo!!!!

3/4/13

Os lobos.

Onte decidimos que neste trimestre  imos aprender cousas de lobos, e para comezar estivemos falando do que xa sabemos deles, e estas son algunhas das ideas que nos contaron (non teñen desperdicio):
- Teñen olfato para encontrar comida (Adrián).
- Os cachorros das mamás saen das súas barrigas (Sara).
- Teñen os dentes moi afiados e moi longos (Lorena).
- Petan na porta polas noites para engañarnos (Marta).
- Cando oen ruidos dos cazadores marchan polo monte (Adrián).
- Os lobos dan medo (Raúl Veleiro).
- Andan polo monte (Damián).
- Son moi duros para protexerse dos que os queren cazar (Nikita).
- Os lobos comen porquiños (Martín).
- Ós lobos hai que matalos (Raul García).