3/4/13

Os lobos.

Onte decidimos que neste trimestre  imos aprender cousas de lobos, e para comezar estivemos falando do que xa sabemos deles, e estas son algunhas das ideas que nos contaron (non teñen desperdicio):
- Teñen olfato para encontrar comida (Adrián).
- Os cachorros das mamás saen das súas barrigas (Sara).
- Teñen os dentes moi afiados e moi longos (Lorena).
- Petan na porta polas noites para engañarnos (Marta).
- Cando oen ruidos dos cazadores marchan polo monte (Adrián).
- Os lobos dan medo (Raúl Veleiro).
- Andan polo monte (Damián).
- Son moi duros para protexerse dos que os queren cazar (Nikita).
- Os lobos comen porquiños (Martín).
- Ós lobos hai que matalos (Raul García).